CAMPAÑAS 05/09

TEMPADA 05/06 CAMPAÑA NEGRA SALVADA POR III COPA

Pra esta tempada o Axou vestia de luto, digamos negro o completo. Como si fora un presagio do que ia acontecer, a liga transcurriu de forma anodina. Non dispoñemos de resultados de liga nin copa, so da clasificacion final que finalizamos terceriros nunha liga larga, interminable de 20 equipos. Formaban parte desta competicion tres equipos novos que agora xa se atopan en division de honor, como eran o Monforte, Sarreaus e Maside. Salvamos a tempada logrando a nosa terceira copa da deportividad. Co Monforte xogamos por fin nun campo de herba bo, so que completamente blanco, pola neve. De tal acontecemento e a unica foto que puiden rescatar. Moitas altas o inicio da tempada que algunhas nin tan siquera chegarian a rematala. O caso mais sorprendente foi o fichaxe de LuisMacendo que so veu a un partido. Outros coma David, Genaro e Paco abandonarian o club o finalizar a liga coma algun clasico mais. En cambio ficharia Joseluis e a mitade de tempada Marcos coma porteiro que si permaneceron mais tempo nas filas axouxiñas.


partido na neve de monforte
TEMPADA 06/07 GRAN REMONTADA PERO SIN EXITO
Causan baixa no equipo Lelo e Juancho, que se vai o Rairo. Entran o goleador Michael, Victor e Lucas. Comenza a renovacion do equipo dos fundadores polos actuales. Terceira dividida en dous grupos dos cales promocionaban os tres primeiros. Chegamos o ultimo partido da primeira volta no medio da tabla ante o Margon que iba segundo vencendo en Barra de Miño por 2a3. Esto deunos alas e a partir de ahi empezamos a remontada mais espectacular. No seguinte partido venciamos o Parrilla por identico resultado despois de ir perdendo ao descanso por 2a0. Ainda asi atopabamonos a 11 puntos da promocion. Pero victoria tras victoria recortabamos distancias ata o partido final da liga onde xogabamos contra o Margon. Partido precedido por polemica por unha peticion de aplazamiento debido a unha boda que rechazariamos. O final a victoria necesaria pra asegurarnos a promocion non chegaria, e a derrota por 0a2 nos deixaba as portas quintos. Na deportividad quedariamos quintos. Vicorias mais abultadas os 0a8 contra Panchito e Monterrei.

TEMPADA 07/08 DECADA DO AXOU E A HISTORIA SE REPITE
Ultima tempada das camisetas negras. Deixaba o equipo Pablo e entraban Ruben e Julian. Arranque fantastico en Seixalbo ante o Our.Vet. remontando un 2a0 gañando por 3a5. Unha primeira volta perfecta con so unha derrota que quedaria plasmada no recien creado Blog por Juancar ala por xaneiro do 2008. Pra min o millor partido do Axou o disputado no Psiquiatrico ante o Chou onde venciamos por 0a5 sobre todo o mais completo, ratificando o liderato. Cerrabamos a primeira volta ante o Irixo con empate a cero que seria ese ano a nosa bestia negra. Unha segunda volta irregular desembocaria nun ultimo partido en Irixo onde unha victoria asegurarianos o ascenso. Pero a historia repetiriase e tras marrar moitas ocasions non pasariamos do empate inicial, infructuoso. Na copa tamen seria o equipo que nos eliminaria en cuartos. Na copa deportividade quedariamos quintos. Maximo goleador seria novamente o australiano cuias batallas contra as defensas do Irixo, Taboadela e Sto domingo eran un espectaculo. O final da tempada gran exito da Festa dos 10 anos do Axouxeriños con partido e cea conmemorativa e a presentacion das camisetas granates co escudo.


TEMPADA 08/09 CUARTA COPA SALVA TEMPADA NEFASTA
Baixas desta tempada serian Galicia, Juancar se desvinculaba do seu cargo de coordinador, Suso se distanciaba, e durante a Tempada Michael pasaria o Anduriña. Altas serian Juancarlos de Casi, German de Lucas, noso Brasil Xose e a mitad de tempada de porteiro Chicho. Mala tempada onde as camisetas granates non nos trouxeron sorte. Finalizariamos undecimos e solo salvariamos por conseguir nosa cuarta copa da deportividad. O Floreiro.


TEMPADA 09/10 CAMPAÑA NOMADA E ASCENSO INESPERADO
Por a transformacion do campo de Salesianos en herba artificial pasamos a liga xogando en campos contrarios. Sin direccion clara no equipo foi dando tumbos nunha campaña moi irregular. Iniciabase en forma de pretemporada a primeira Supercopa da Deportividad no campo de Melias. Entreban no equipo Javier que se iria o final lo Monterrei, JoseManuel que so xogaria un partido, John e a mitad de tempada Marce. O final seriamos undecimos e curiosamente a historia devolvianos o que nos debia, aproveitando unha transformacion nas divisions pra ascender a segunda. Na deportividad a peor posicion da historia undecimos. Na copa eliminados a primeira co Boveda por 2a1.

equipo da copa ante o Boveda

1 comentario:

ABEL dijo...

DESQUICIADO TIÑANME ESTAS PAXINAS, TRABALLO, PACIENCIA COSTOUME FACELAS. LAGRIMAS DE RABIA. TIVEN QUE DESISTIR EN METER TABLAS, FOI IMPOSIBLE, BORRABAME TODO O AVANZADO. UN DESASTRE COMPLETO. FIXEN O QUE PUIDEN. A ANTERIOR ESTA BASTANTE COMPLETIÑA PERO NESTA ULTIMA SO FIXEN UN PEQUENO RESUMEN. QUEN QUEIRA VER AS CLASIFICACIONS OU RESULTADOS TENOS NA PAXINA DA ASOCIANCIONDE VETERANOS. UN SAUDO.