sábado, 27 de junio de 2009

SUPERCOPA DEPORTIVIDAD VETERANOS OURENSE

PREAMBULO

Dende a sùa inscripciòn na tempada 98/99 na Asociaciòn de Veteranos de Fùtbol, o equipo do AXOUXEIRIÑOS conquistou en catro ocasiòns a Copa da Deportividade, quedando varias veces en segundo lugar. Isto fai deste conxunto un Clàsico nesta competiciòn. Por outra parte rondaba na nosa cabeza a idea da creacion dun Torneo, ben o final ou ao principio da liga para facer un pouco mais atractiva a pretemporada. Co gallo que este ano logrouse a 4ª Copa da Deportividad, confluìron estas dùas liñas de pensamento paralelas, e decidiùse aproveitar esta circunstancia para organizar un Torneo dos Campeons da Copa da Deportividad.


FINALIDADE

Moitos son os motivos que fan deste acontecemento algo atractivo e entretetido. En primeiro lugar cabe destacar que esta clase de Torneo e unha forma de promocionar o "Fairplay" e de premiar a aqueles equipos que durante a liga tiveron una actitude mais deportiva. Ademais este Trofeo intenta insuflar un aire novo a Competicion, transportandonos à època xuvenil ou cadete, na que esta clase de torneos de veràn eran moi usuais.
A decision de organizar o Campeonato despois do paròn vacacional, e xusto unha semana antes do comenzo da liga, dèbese a intencion de que este evento sirva aos equipos coma preparacion para a posterior competicion.
Por ultimo cabe siñalar que ao participar equipos de distintas divisiòns, fomentase o coñecemento de compañeiros doutras plantillas e categorìas, que, salvo partidos amistosos, xamais se enfrentarìan entre eles. Iste afàn de acercamento entre os equipos quizais sexa o punto mais reseñable, xa que aqui na
Asociacion Veteranos Futbol
non deixamos de ser unha gran familia.


PARTICIPANTES

Coa idea de instaurar este Trofeo e que non sexa un feito aislado, o Axouxeiriños ten a intencion de organizar cada ano este evento, sendo a primeira fin de semana de Setembro a data ideal para a sua celebracion, salvo que se adiante a liga. Convidarase en primeiro lugar aos campeons das distintas divisions. Dependendo do exito que teña este trofeo inaugural e do acollemento entre os equipos da asociacion, a intencion e de ampliar a participacion aos subcampeons. O AXOUXEIRIÑOS, como equipo organizador, disfrutara do dereito de participar en todas as suas edicions, reservandose o dereito de invitar a aqueles equipos que estime oportuno, ben para completar o cuadro ou para sustituir a un equipo convidado que renuncie a xogar.

BASES

As reglas de xogo son as mesmas que as aplicadas na liga pola Asociacion de Futbol de Veteranos, agàs no referente aos cambios, que seran libres coma no Futbol Sala, para darlle mais dinamismo e debido ao tempo de xogo reducido.
Debido a que os participantes presentanse ca aureola de deportivos, desexamos non ter que aplicar ningunha clase de sancion. De todas formas 2 amarelas implicarian un descanso automatico no proximo partido e unha vermella a expulsion do torneo.
Os enfrentamentos adoptaran preferentemente a forma de liguilla aìnda que poderia variar segun os equipos participantes.
As liguillas resolveranse en caso de empate de puntos da seguinte maneira:
Orden: 1º dif goles 2º goles marcados 3º menos tarxetas 4º penaltis clasicos (5+1)
en caso de triple empate decidira a organizacion.

CONCLUSIONS


O tratarse dun proxecto inicial poden xurdir complicacions ou dubidas que non foran previstas pola organizacion, En tal caso, o Axouxeiriños, consultando os delegados dos demais equipos particip antes, decidira con criterio razoable a decision a adoptar para resolver calquer imprevisto. Como equipo mosesto que se autofinancia a base de cuotas dos seus integrantes estamos abertos a posibles axudas, asi coma a toda clase de "sugerencias" aportadas para millorar e perfeccionar este evento.
O AXOUXEIRIÑOS quere expresar o seu agradecemento os primeiros equipos participantes que acolleron esta iniciativa con entusiasmo, e en especial ao CAFE-BAR ANDURIÑA pola sua colaboracion no desenvolvemento do torneo.


DENDE O EQUIPO DO
AXOUXEIRIÑOS

UN CORDIAL SAUDO E BOA SORTE A TODOS
Caminante no hay camino,
se hace el camino al andar.

No hay comentarios: