domingo, 14 de noviembre de 2010

NOS GUSTA SUFRIR

Entre piñeiros escondidos, en terras altas do Ribeiro disputou o Axouxeiriños o seu partido contra o Breixo no Campo de Toen. Dia ventoso, ameazante de choiva ideal pra facer un magosto. E de ahi parecia que viña o equipo local que non se asemellaba o que tiñamos observado en outros encontros. Aparte de faltarlle quizas os mais destacables estiveron xogando todo o partido a un ritmo lento. Os visitantes en cambio sairon dende o principio moi motivados con clara intencion de lograr a primeira victoria a domicilio, xa que co Anduriña xogamos en Melias. O arbitro ben, amosou a unica tarxeta a Ruben nos minutos finais, que retornaba os campos de futbol despois da lesion na costela no partido contra o andu, e quixo darlle algo de color o partido. Color amarelo claro por protestar, sancion.
Neste caso a primeira parte foi a que tivo mais ocasions e non pasou con pena e gloria coma en partidos anteriores. De entrada sairon: Marco,Jaime,Julian, Lucas, Ruben, Tarrio, Xose, Victor, Carlos, John, Marcos. Esperando a sua oportunidade quedaron Abel,Javigal, Marce, Lolo e Casi que se dedicou a dirixir o equipo.
Desgranando o partido:

Min.3 Falta lanzada por Carlos o borde da area e combinacion entre John e Julian cuio tiro rechazado chega a Marcos o borde da area, que tira a colocar pero o longueiro impide o gol
Min.11 Julian apura ata a linea de fondo e saca un centro sorprendente o que chega Victor forzado e cabecea fora.
Min.18 Primer tiro do breixo a porta pero sin perigo
Min.24 John habilita a Julian que centra raso chegando Victor a rematar no segundo pau cun disparo forte sacando o porteiro a mau a corner.
min. 26 outro tiro raso de victor e o porteiro co pe a corner
min.28 Clarisima Julian cruza ante a saida do porteiro e o defensa saca baixo paos a corner. Este e rematado de cabeza por lucas e volve a voar o porteiro para remediar o tanto do Axou que se facia de rogar
min. 42 Carlos saca falta a area e Abel so ante o porteiro mete a punteira e fora
min. 43 Rechaza o porteiro e chega Abel so para rematar "al muñeco" imperdonable. Dende o chao o porteiro mete o pe e despexa o balon.(me agarro algo el defensa)
Fin da primeira parte contentos polo partido realizado mais preocupados por perdoar tantas ocasions que o final se podian pagar. 0:0.
A segunda parte as ocasions foron menos claras pero un partido dominado polo Axou que so lle faltaba un pouco de fortuna.
min.11 tiro de Marcos para porteiro
min.13 tiro de marce alto
min.15 xogada entre marce e xose con pase largo a Lolo que como non, tivo que ser o de sempre o de casa, vaise por velocidad e solta un dereitazo que o porteiro non puido rexeitar. goooooool
mais que merecido 0:1 o gol e comentarios perfectamente relatados por lucas dende o banquiño podedelos ver no noso novo canal de youtube. mais outros videos e videos ineditos de outros partidos. eso espero.
no 17 combinacion entre irmaos e marce tira alto.
A partir do min. 20 o Axouxeiriños votouse algo atras e saia con perigo en multiples contrataques que moitas veces salvava un porteiro local adiantado.
no 40 tiro de marce sin porteiro pero saca novamente un defensa.
preto do final un centro chut puso el terror nos xogadores visitantes, pero marco sacou a mao e rechazou a corner. E non houbo mais.
final 0:1
merecidisima victoria incluso curta que nos fixo sufrir ata o final.
outro resultado Bicho-Anduriña 1:2
clasificacion: axou 20 andu 19 breixo 15 bicho 7 podemos entrar entre os 3 primeiros
fotos:








































videos en: http://www.youtube.com/user/Axouxere98

No hay comentarios: