Acompañaba o derbi un dia soleado pero fresquiño. A gran espectacion reflexabase na nutrida asistencia de ambos banquiños. O Anduriña presentabase con ansias de resarcimento tras a derrota sufrida na ida, ante un Axouxeiriños que queria seguir imbatido no seu feudo. O arbitro Alberto (mesmo ca contra o Rairo) do millorciño da categoria, amosou so unha cartulina amarela a Fran, por falta. Dende o principio estiveron Victor(p), Javigal, Jaime, Abel, Ruben, Tarrio, Joseluis, Casi, Marce, Carlos, Lamas. Contemplando os acontecementos Lucas, Xose, Fran, John,Marcos, Chayanne (novo abaixo comento), e Hermi de coordinador.
Con estes ingredientes o partido non podia ser de outra forma mais, ca trepidante. Moi igualado, con dominio alterno, moita presion en todo o campo, xogado de poder a poder, sin excesivas ocasions de gol ou tiros a porta.
Min.8 primeira xogada de certo interes con remate a porta. Balon que controla en banda esquerda Casi que cede a Abel e este remata a porta parando Celso con certos apuros.
Min. 12 centro raso o area e Joseluis, sorprendido polo fallo da defensa, en boca de gol non acerta co esferico.
Min. 18 A ocasion mais clara da primeira parte. Joseluis salva o seu defensor pero so ante o porteiro e interceptado por un defensa do anduriña, rematando frouxo.
Min. 32 balon solto fora da area e Juan non acerta ca porteria baleira disparando fora.
Descanso: Quen se extraña? 0:0 Mantendonos coma equipo menos goleado.
min. 14 Comenzan os cinco minutos dos locais, con unha internada de Marce que se vai de dous defensas, sortea o porteiro e o seu tiro pega nun defensa.
min. 15 Corner e Jaime aproveita o despexe pra lanzar un chut en parabola que despexa Celso a corner.
min. 19 os avisos do Axou presagiaban malas novas praos cafeteros e asi foi. Saque de banda de Javigal, Casi gaña a liña de fondo e o seu centro raso e forte pasa por diante da defensa chegando o segundo pao Joseluis pra rematar a placer. Goooooooooool. 1:0 O partido puñase de cara.
Min. 21 o perigo das faltas sigue sendo o noso talon de Aquiles. Nesta o remate directo e atrapado por Victor con decision.
min. 30 Nova falta, no lateral dereito, enviada o corazon da area e ali Candido cun remate impecable establece a igualada. 1:1
De aqui o final, moita loita, moito correr pero xa non se moveria o marcador. Novo empate do Axouxeiriños que deixa todo como estaba. Segue o Anduriña a tres puntos e ambos manteñen ainda todas as apiracions intactas. Con este xa son 10 partidos seguidos sen perder no que probablemente sexa unha nova marca do Axou.
Proximos partidos de altos niveles, contra Maceda, Xalcasa, Bucefalo. Estaria ben chegar o entroido con posibilidades.
Antes da reportaxe grafica queria comentar un feito ocurrido este mercores e que suscitou certa polemica. Algun Axou que asistiu hoxe o partido atopouse cunha cara nova. Victor ou Chayanne (pra diferencialo). Pra consensuar as novas fichaxes creouse o final da tempada pasada o Comite de Contratacion, formado por Tarrio, o coordinador Marco( agora Hermi) e un vocal do equipo Hermi. Eles decidirian en maioria a quen fichar. Neste entrenamiento pasado consultousenos sobre esta incorporacion, facendo un sondeo entre os que asistiron a adestrar, inclinandose a maioria dos presentes polo si, que o carecer de vocal (hermi e coordinador), se pode estimar coma voluntade legitima. Chamouse o Hermi por telefono, e denegou tal incorporacion, o decir que habia xente de sobra, e non me extraña, xa que a sua labor cada vez e mais ardua. Faltaba o voto do Tarrio que deu a sua conformidade, e polo tanto daba a maioria a contratacion. En resumen, seguironse os cauces formales. Mais ou menos. Podias pensar, pero ¿que prisa tiñades? Acaso non somos os suficientes? Faltabanos algo? A critica é logica. Mirando desta perspectiva quizas poda parecer que se fixo con nocturnidad e alevosia, un pouco a espaldas do equipo en xeral. Demasiada precipitacion, un pouco de ansia viva. Penso que a via normal deberia haber sido expoñelo a votacion no equipo, na cea ou no mediante o blog. Pero tamen e certo que sobre o fichaxe deberian opinar aqueles que o viran xogar, e por ende, os que asisten asiduamente os entrenamientos.
Bueno a polemica esta servida. Podedes poñer a vosa opinion ou debatimolo na cea, que e a proxima semana.
De todas formas bemvida o Axou, Chayanne.
Poucos videos 3 e fotos houbo xa que a bateria acabouse pronto e de noite ainda non graba.
| O medio en constante movimiento |
| juegue, juegue, juegue |
| Candido, collendo aire antes do gol |
| o arbitro o seu ritmo |
| a presion obriga a Javi a pases largos |
| partido igualado |
| importante, xogo sin balon |
No hay comentarios:
Publicar un comentario