Dentro de dous dias, o domingo as 11, tócanos afrontar a xornada 23 ante un equipo cotizando á alza, nun campo, A Peroxa, que historicamente non se nos da nada ben. (Aínda que agora cambiou bastante, xa que dispón de herba artificial) Cos resultados dos rivais directos xa coñecidos, quizas teñamos a oportunidade de poder asaltar o liderato. Pero enfrente esta o Gadaffi que ben facendo unha sensacional segunda volta, gañando a semana pasada en Melias o Anduriña confirmando o seu excelente estado de forma. O balance directo e desolador, constando coma unica victoria a lograda no partido da ida en Salesianos por un solitario gol. Nos anteriores 8 encontros so pudimos arrebañar dous empates.
Suso sera o encargado de repartir xustiza, lembrando a todos, que hai que levar a segunda equipaxe. (e millor que a metades xa no petate, que vos vades olvidar)Clasificacion e Outros partidos importantes
SEGUNDA DIVISIÓN |
JORNADA 22 |
Equipos | Pts. | Jug. | Gan. | Emp. | Per. | GF | GC | |
1 | COSTELA | 42 | 22 | 12 | 6 | 4 | 49 | 29 |
2 | INMO. XALKASA | 41 | 22 | 11 | 8 | 3 | 49 | 30 |
3 | AXOUXERIÑOS | 41 | 22 | 11 | 8 | 3 | 33 | 19 |
4 | MACEDA | 40 | 22 | 12 | 4 | 6 | 52 | 35 |
5 | LAIAS | 38 | 22 | 10 | 8 | 4 | 44 | 36 |
6 | C. STO DOMINGO | 37 | 22 | 12 | 1 | 9 | 57 | 37 |
7 | BUCÉFALO | 37 | 22 | 11 | 4 | 7 | 38 | 27 |
8 | STA L. RAIRO | 37 | 22 | 11 | 4 | 7 | 39 | 34 |
9 | CHOU SANITARIOS | 35 | 22 | 10 | 5 | 7 | 49 | 31 |
10 | ANDURIÑA | 32 | 22 | 8 | 8 | 6 | 32 | 30 |
11 | GADDAFI | 31 | 22 | 8 | 7 | 7 | 46 | 34 |
12 | BAR BREIXO | 27 | 22 | 7 | 6 | 9 | 36 | 44 |
MACEDA PARRILLA= tras a victoria a semana pasada no campo do lider, toca gañar na casa e agardar un fallo dos antecesores pra volver meterse nos posto de ascenso, o parrilla necesitado de puntos pra escapar do descenso
O BICHO- CHOU= estreando campo da universidade ante un chou irregular BREIXO-COSTELA=os locales semellan recuperados, intentaran poñerlle as cousas dificiles os novos lideres.
PALMES-LAIAS= os da ribeira do Miño chegan en un magnifico estado as terras de montaña ante uns locais con problemas de efectivos.
OU VET-RAIRO= duelo de Seixalbo, ante un Santa lucia en horas baixas.
BOICAR- BOVEDA= importantisimo encontro pra os locais que deben vencer pra manter as opcions de salvarse.
STO DOM-ANDURIÑA=mal empezou o Andu esta volta xa que ainda non gañou, ante un StoDomingo que leva vencendo dous partidos seguidos con soltura.
BUCEFALO-XALKASA=partido estrela da xornada e o mais madrugador o sabado as 4 en maside. Xalcasa leva tres partidos sen gañar, e a derrota pasado por 1a3 co maceda fixoo perder o liderato. A tan so 4 puntos os locais teñen a oportunidade de aproximarse a un rival directo e superar a derrota da ida por 2-1.
Pra economizar gastos saida programada sobre as 10 dende o Anduriña.
Maña os resultados mais importantes, ca clasificacion provisional.
Un saúdo a todos
P.D.: Quen queira quedarse a papar un pulpiño, que quede eu teño que ir comer o pobo asi que non terei moito tempo.
Va ser que no.
Ou si depende.
Xa mirarei.
1 comentario:
O análisis estupendo coma sempre. Que non decaiga.
Publicar un comentario