Este Sabado no campo de Vilamarin as 17horas (levar camisetas vermellas) xogaremos contra o Boicar o encontro numero 20 da nosa historia na liga, superando asi o Outomuro co que nos enfrentamos en 19 ocasions, convertendose asi os locais no equipo que mais duelos temos. Deixando aparte este dato anecdotico, e centrandonos no proximo partido, podiase pensar vendo a clasificacion, nos cuartos con 44puntos loitando polo ascenso e eles ultimos con 15 pra non descender, que vai ser pan comido. Pero seria un gran erro, habendo varios factores que o contradicen. Primeiro as inseguridades do encontro anterior, cun sistema defensivo desorganizado e unha falta de gol constatada o longo da tempada. Segundo un novo equipo en alza que conta os seus tres ultimos choques por victoria, e, ganandonos, podian non so abandoar o ultimo posto, senon que poñerse a tres da salvacion. E por ultimo a experiencia dos anos pasados. Aunque o balance xeral e abrumador con 15v 2e 2d sempre conseguiron rabuñarnos algun punto no partido de volta. Polo tanto non deberiamos venderlle a pel o "lobo" antes de "cazalos". Esperemos estar mais que no entrenamento do mercores onde houbo so 7 (Casi,Lamas,Javi,Jaime,Abel) e sair mentalizados a gañar.
completan a xornada:
Parrilla-Costela: Un lider solido polo momento debe facer valer a sua posicion ante un equipo de Maside que se atopa o borde do abismo.
Maceda-Chou= un dos partidos estrella da xornada, en que o segundo clasificado intentara aumentar as distancias ante uns Sanitarios que cas ultimas victorias volve entrar de cheo na loita polo ascenso. so hai cincopuntos de diferencia entre os dous.
Bicho-Laias= tras a derrota do Axou o Laias retornou os postos de privilexio e debe consolidar dito posto, ante uns locais que de gañar podrian sair do descenso.
Breixo-Stalucia= tras a victoria ansiada co palmes a semana pasada os de Rairo enganchanse outra vez o peloton de ascenso, enfrente un Cancelas que debido a falta de xogadores varia moito o seu rendemento dun partido a outro.
Palmes-Boveda= duelo directo na parte baixa 20 a 17 puntos
Our.Vet.-Anduriña= rivales na ona morna da taboa
Sto.Dom.-Xalcasa= Tras a victoria contra o Axouxeiriños o do Club aumentan as suas esperanzas de ascenso, ante un Xalcasa que dende que alcanzou o liderato non parou de perder postos, desinflandose paulatinamente.
Gadaffi-Bucefalo= o equipo carballines a intentar puntuar, xa que esta no noveno lugar con 40puntos a catro do ascenso.
Varios:
Cea: avisar quen vaia ir, por calquer medio dispoñible.
Pagina: añadida solapa na parte alta cos recortes de prensa relativos o Axouxeiriños. Si alguien ten fotos do equipo, ou do futbol sala, pasaimelas.
2 comentarios:
Elemental querido Watson. Pero hay algo que no me cuadra. Un dato non me coincide. Quen sabe o que pode ser?
Eu apuntome a cena.
Non caigo no dato que non coincide ¿que será?, ou será a imaxinación que xoga malas pasadas
Publicar un comentario