miércoles, 22 de junio de 2011

NOVIDADES E HUMOR

Na copa non houbo grandes sorpresas. Bentraces coma maximo favorito enfrentase no Luis Bodegas a un Monforte que eliminaria o Pontedeva por un solitario gol. A outra semifinal disputana en pleno boi o Allariz que eliminaria o poderoso Sobrado por un a cero frente o Velle.


RESULTADOS CUARTOS COPA DIPUTACION 2010-2011
MACENDO1 3 BENTRACES
PONTEDEVA0 1 MONFORTE
ALLARIZ10SOBRADO
VELLE 3 2 SARREAUS

Con respeto o himno non teño nada decidido xa que na cea pouco se votou, nin houbo tempo nin gañas e pasou meramente coma un divertimento. Trataremos de atopar un texto ideal a unha musica genuina ou adaptada. Esperaremos si hai mais propostas pra o ano, xa que falta por exemplo a tan ansiada version de MarcosBodegas. Pra tempada mais.

Xa que por diversos errores faltan ainda algunha camiseta abro un novo plazo ata final da semana que ven pra encargar mais camisetas. Faltaba unha XL verde e solicitaron a maiores unha mais XL verde Marcos Bodegas e unha XXL negra pra Lucas. Pensadeo, probade as que tedes e mirade si queredes cambiar ou añadir algunha mais o voso vestiario.

Falando do noso mediocampista ferreiriano, o final as plegarias do noso Marcosbodegas tiveron exito. Pretendido, ansiado polos seus paisanos do Ferreira no puido resistir a presion familiar e decidiu casi seguro cambiar pra o equipo lucense. De todas formas expresou ante as camaras do Axou a sua pena por abandoar este equipo e amosou un firme proposito de non desvincularse completamente asistindo as ceas. Tamen esta disposto a cumplir ca clausula de rescision e indemnizacion polo traspaso de 500litros de cerveza, bueno ou unha caixa de viño.  Bueno que che vaia ben nesa nova andadura.

Deixovos con algo de humor e maña todalas fotos da cea. Mais ca humor parece un catalogo de ventas, eso si, un pouco sui generis.


No hay comentarios: