Iniciabamos o mes de outubro orientativo nas terras altas de Miraflores ante un rival cuios enfrentamentos ultimos remataron en empate. Atmosfera cargada tipica da polucion de grandes urbes e moita espectacion ante dous equipos que navegan en augas ben distintas. Eles a dez puntos de nos en zona precaria e nos en postos de ascenso. Pero quen pensaba que isto se veria reflexado no marcador andaba ben descamiñado. Se presumia un partido igualado e de poucos goles.
Eh???¡¡¡¡ Pero que carallo de herba andara ardendo nos montes?
Non amigos velo pra creelo. So con decirvos que a memoria da camara topou. Cabe anticipar dous nomes propios do encontro; Cris e Lolo.
Dirixia o encontro Ares que o fixo perfectamente, sen amosar tarxeta nun partido limpo, solventando con dialogo os pequenos brotes de "violencia". Dariamos mantido o tercer posto?
Nos primeiros minutos o Axouxeiriño estivo ben asentado no campo creando ocasions de perigo. Pero o zarpazo primeiro chegaria no minuto 15. Pase largo de Tarrio (que posteriormente saldria lesionado cun esguince) que recolle Marce, recorta e o pase a Lolo e solventado por este regateando o porteiro e marcando a porta baleira. Golllllllllllllllll 0:1.O partido empezaba a encauzarse pero a ledicia non ia durar en demasia, sobre todo por culpa dun home: CHRIS. No 21 empezaria o seu particular recital. De media volta o borde da area enchufa o esferico na escuadra. Un golazo pra establecer a igualada 1:1.
O Axou perdera xa o medio campo e o Xalcasa empezaba a mover o balon con facilidade. No 29 corner e novamente Chris entre unha morea de amarelos puña de cabeza os locais por diante. Gooooooooooolll. 2:1
Un autentico inferno pra nosa defensa na primeira parte seria este home, que no 37 colle un balon na area, regatea o primeiro e o centro medido chega a Victor que vindo dende atras bate o seu tocallo. Gooooooooooolll 3:1
O descanso foi unha bendicion. 3:1
Estaba claro que habia que cambiar o sistema, dar o tocar no medio por perdido, e balons a area e aproveitar os rechaces. Como decian en alemania cando o rival era superior. Da loita ao xogo. Con este corraxe recien renovado saldria o Axou a dar a volta o marcador e variar o signo do encontro.
Segunda parte de correr, presionar e colgar balons largos. Os seus primeiros froitos deunos os 52 Min. Balon perfecto de Lamas o punto de penalti, e ali aparecia Marcos que tras un perfecto control bate o porteiro por baixo. Gooooooolazo. e xa tan so 3:2 a xente volvia a crer na remontada.
Todo se complicaba so 5 minutos mais tarde nunha serie de errores en cadena dos cales se aproveita novamente Chris pra marcar o 4:2 no 57.
Pero o Axou xa facia tempo que habia deixado de xogar e dedicabase a loitar. No 66 Lolo asume a responsabilidade de lanzar unha falta o borde da area. Hoxe era o seu dia e o golpeo maxistral por riba da barreira puña os visitantes a so un gol e moito tempo por diante. Gooooooooool 4:3
Pra redondear o dia no 77 corner lanzado por Lamas e Lolo soiño non perdoa cabeceando o fondo das mallas. Gooooooool 4:4
Cun minuto pra cumplir os 45 Ares daba o partido por terminado e o resultado por bo. Un punto salvado que sabe a gloria e nos permite manter os 10 puntos co descenso. O Xalcasa gran equipo que lles desexo non pasen apuros o final. Duelo entre matadores Cris 3 Lolo 3. Os videos se ven todos os goles aunque algunhos algo mal.
P.D.: Preguntaban no vestiario si este era un resultado inedito. Pois non houbo polo menos 4 anteriores, co Rabaza, Amigos, Parrilla e o ultimo en Sto.Domingo con gol final de Michael.
RESULTADOS DA XORNADA:
MACENDO INTRATABLE E SO PERDEMOS UN POSTO
A mesma hora xogabase o Sto domingo-Macendo. Tras a victoria contuntente en Laias a semana pasada parecia recuperados os Locais. Pero o lider amosouse intratable vencendo por 0a4. O segundo Foucellas no poido pasar do empate ante o Costela a douses e perderia dito posto a maos do Vilatuxe que vencia o Ribeiro por 1a3. O Barbadas vencia o Amigos e o Pereiro en Francelos. Ollo co noso proximo rival "o complicado" Irixo que se desfacia do Arrabaldo por 4a0.
PRIMERA DIVISIÓN - JORNADA 07
COSTELA | 2 | 2 | FOUCELLAS |
CAFET. JUAN XXIII | 3 | 0 | LAIAS |
C.STO DOMINGO | 0 | 4 | MACENDO |
AMIGOS OURENSE | 1 | 2 | BARBADAS |
O RIBEIRO | 1 | 3 | VILATUXE |
O IRIXO | 4 | 0 | ARRABALDO |
LEGARIA | 4 | 4 | AXOUXEIRIÑOS |
FRANCELOS | 1 | 4 | O PEREIRO |
VELLE | 2 | 3 | CORTINAS M.PEREZ |
JORNADA 07
Equipos | Pts. | Jug. | Gan. | Emp. | Per. | GF | GC | |
1 | MACENDO | 19 | 7 | 6 | 1 | 0 | 21 | 8 |
2 | VILATUXE | 15 | 7 | 4 | 3 | 0 | 12 | 5 |
3 | FOUCELLAS | 14 | 7 | 4 | 2 | 1 | 15 | 8 |
4 | AXOUXEIRIÑOS | 14 | 7 | 4 | 2 | 1 | 12 | 11 |
5 | LAIAS | 12 | 7 | 4 | 0 | 3 | 19 | 15 |
6 | O PEREIRO | 11 | 7 | 3 | 2 | 2 | 14 | 9 |
7 | CAFET. JUAN XXIII | 11 | 7 | 3 | 2 | 2 | 11 | 9 |
8 | BARBADAS | 11 | 7 | 3 | 2 | 2 | 12 | 12 |
9 | C.STO DOMINGO | 11 | 7 | 3 | 2 | 2 | 16 | 17 |
10 | CORTINAS M.PEREZ | 9 | 7 | 3 | 0 | 4 | 16 | 18 |
11 | VELLE | 8 | 7 | 2 | 2 | 3 | 15 | 15 |
12 | COSTELA | 8 | 6 | 2 | 2 | 2 | 10 | 10 |
13 | AMIGOS OURENSE | 7 | 7 | 2 | 1 | 4 | 12 | 13 |
14 | FRANCELOS | 6 | 7 | 2 | 0 | 5 | 13 | 16 |
15 | O IRIXO | 6 | 7 | 1 | 3 | 3 | 11 | 14 |
16 | LEGARIA | 4 | 7 | 0 | 4 | 3 | 12 | 17 |
17 | ARRABALDO | 4 | 7 | 1 | 1 | 5 | 11 | 20 |
18 | O RIBEIRO | 1 | 6 | 0 | 1 | 5 | 2 | 17 |
OLLO MAÑA TREINAMENTOS E ADEMAIS ESTREA MUNDIAL DO CONCURSO "QUE AXOUXO DIS QUE É, EH" AS 22.00.
ESPERO QUE VOS ANIMEDES A PARTICIPAR. RECORDADE QUE SO SALDRA A MITADE DO CUESTIONARIO E O MERCORES O RESTO. MAÑA XA EXPLICAREI MAIS
Martes: 1min de xoldra
Mercores: 2ª parte do concurso
Xoves: Humor
Venres: Previa e resolucion concurso
Sabado: Resumen Axou-Irixo
Domingo: A oitaba xornada.
| A PRIMEIRA VEZ QUE CHEGAMOS ANTES COS CONTRARIOS |
| PRONTO SE PERDERIA O MEDIO CAMPO DE TOQUE E A SEGUNDA PARTE SERIA DO PATADON. |
| ARES SEN PROBLEMAS NON SE COMPLICOU |
| LOLO PREGUNTANDOLLE SI SE PODIA LEVAR O BALON A CASA OU SERIA PRO LOCAL CHRIS. |
1 comentario:
Esta noite as 22 primer dia de sorteo ca primeira parte do cuestionario elixido o azar por unha mao inocente. Quen será o Axouxo?
Publicar un comentario