sábado, 25 de febrero de 2012

SOROCHE EN QUINS

O primeiro dos partidos do mes cuaresmal tivo lugar en Quins, no alto, o pasar Ribadavia. Enfrente un Francelos en postos de descenso, e polo tanto necesitado de puntos. Campo de terra perfecto, e os mesmos xogadores que a semana pasada, xa que deberon faltar os mesmos, aproximadamente. Arbitro Suso non tivo incidencia no resultado, aunque si levou a bronca do respetable ao prolongar mais da conta o partido. Mais ben por decir que faltaban dous minutos cando faltaban mais. Xa que a segunda durou uns 48 minutos. He o de sempre. Cando perdes o tempo pasa voando, e si gañas pides a hora. Que nolo digan a nos en Pereiro. Nada de tarxetas por segunda semana, esperemos que neste apartado contiuemos asi. Na ida 2a1. Seriamos capaces de repetir eses tres puntos?
A POR CERTO, CEA PRA SEMANA SUSPENDIDA¡

O paron invernal sentounos fatal. A inactividade fixo que perderamos rigor, tension no xogo. Tal como si iniciasemos a liga dende o principio, e que estiveramos preto do ascenso, todo, parecia como un soño, e o 2012 foi coma un mal despertar. Primeiro o partido xa en principio gañado en Barbadas, a derrota igualada ante o Arrabaldo e o varapalo en Velle devolvianos a un mundo real, so aliviado polos empates ante Vilatuxe, Pereiro e victoria ante o Cortinas, equipos en principio superiores, onde si amosamos verdadeira motivacion. Tanto falar de sacar puntos pra salvarnos, mentalmente se enquistou nas mentes dos Axouxos que agora salimos a non perder, e conformamonos cun puntiño cos dabaixo pra manter as diferencias. Un equipo sin inspiracion que parece haber feito xa todo o traballo, se olvida dos postos altos e navega a deriva pola zona central, mais mirando de reollo non caer no pozo, que sacar peito pra fora e ir a gañar os encontros. Eso foi a sensacion que diu hoxe o Axou, ante un Francelos mais motivado, noble e ben posicionado. E con tanto amarrar, os de Quins tiveron o partido na sua mao. Da primeira parte pouco que resaltar. O mais perigoso un disparo raso, lonxano de Marce que paraba o porteiro.
Descanso: 0:0 e todos contentos.
Na reanudacion e Lolo quen se revolve na area tipo Llorente pero non dirixe ben o punteirazo. No 66 penalti pra os locais que non perdoan. 1:0 gooooool
Ante a apatia visitante gol en contra. Logo si. Pero sin orden. Adiantar filas. Pero non e o mesmo. De feito contrataque no 70 segundo penalti pra os locais. E aqui estivo o partido. Fallalo foi dar folgos os amarelos que xa no 80 avisaban cun posible penalti a Lolo que terminaria nun remate perigoso de Hermi. 
Premio so catro minutos despois. Centro JoseLuis, Carlos que habia subido o ataque estorba o porteiro caendo o balon a pes de Lolo que marca a porteria valeira. 1:1 goooooooool mal menor.
O Axou insistindo e o Francelos cun pase longo conseguia anotar o 2a1. Rondabamos xa o noventa. Pero cos locais pedindo a hora, tiveron novamente protagonismo os mesmos. Xogada casi calcada, centro JL , Carl remata e Lolo enchufa. gooooooooool  2a2 e final.
Empate xusto, polas ocasions vistas, 0a0 serio o normal. Inoperancia en ambos lados e maxima efectividad (salvoo penal marrado)  
12 dous puntos perdidos, aunque visto o encontro un ganado, e golaverage.

Un Axou con soroche (mal de alturas) que con tal predisposicion so podo pronosticar unha derrota ante o legaria a seman que ben, aunque tamen penso que, de ser este o caso, en Irixo podemos dar a sorpresa. E que algunhas veces as metas elevadas son as que nos motivan.
tampouco o balon parado foi decisivo,  xa que poucas faltas ou cornes houbo

moito medio campo, imprecisions, sin futbol

incluso houbo publico nas gradas

un pequeno respiro

pouco traballo pra ambos porteiros

xogada do posible penalti a lolo, non sei si foi fora a falta

al ataque, encendimos a chispa

un empate in extremis,coma mal menor

No hay comentarios: