sábado, 17 de marzo de 2012

UN AXOUXEIRIÑOS XA DE VACACIONS

Tarde desapacible en Salesianos, a mais fria do ano, sobre todo na segunda parte ca chuvia, pra recibir ao Ribeiro, ultimo na taboa, e repetir a victoria da ida, soñando con continuar nos postos altos. Arbitro do encontro Araujo, con pouco traballo, ben, sen tarxetas no quinto partido consecutivo. Cuarto partido do mes cuaresmal pra volver engancharnos preto dos primeiros. Boa posibilidade. Aproveitarimola?
Minutos de inicio de partido de total desconcerto. Os primeiros quince o Axou non saiu da sua parcela presionado por un equipo visitante con mais mentalizacion. Froito deste desbaraxuste o  gol no minuto 5 por mor de unha mala cesion aproveitada polo goleador visitante. goooooool 0a1
Algo milloraria o Axou que iria despertando.
Min.21 xogada na area disparo de Hermi que tras pegar no longueiro bota dentro aunque o arbitro non marca gol ata que Abel o impulsa para dentro na mesma linea. gooooooooooool 1a1 o partido parecia endereitarse.
Min.28 Novo erro defensivo que nos costa o segundo gooooool 1a2 
Ata o descanso algun disparo lonxano de Marcos.
Descanso 1a2 
Na segunda baixo chuvia intensa do Axou pouco que contar. Moito loitar pero poucas ocasions. Lanzamentos lonxanos de Abel, xogada de Lolo e a mais clara JoseLuis nun balon solto o porteiro atalla un balon mordido.
Eles a contra con ocasions mais claras puideron haber ampliado o marcador.
Final Axou 1 Ribeiro 2 Victoria xusta, aunque tamen puido ser un empate.
O Axou se despide definitivamente do soño do ascenso e pode dedicar este tramo final da liga a disfrutar do xogo e aspirar o unico trofeo que esta o noso alcance.    O trofeo da deportividade, este e un momento inmillorable.
Joseluis tivo a ocasion mais clara da segunda parte

un Axou durmido pagou caro a inoperancia

na primeira ainda lucio o sol

O Ribeiro equipo que gustou non semellan estar tan abaixo

Ivan quentando o porteiro dende a distancia

hai que ensayar cantico pra despertar e animar

No hay comentarios: