jueves, 25 de agosto de 2011

XA ESTA AHI A III SUPERCOPA AXOUXEIRIÑOS

Faltan dous dias pra que teña lugar a Supercopa de Futbol de Ourense de Veteranos, Trofeo Axouxeiriños na sua terceira edicion. Despois de visto o exito de asistencia nas duas primeiras decidise continuar este ano con esta clase de torneos, que sirven de preparacion pra os equipos. Este ano coa dificultade engadida de participar CINCO  en vez de catro coma era ata enton. Isto conleva a que os tempos de xogo sexan reducidos e o torneo comprimido permitindo moi pequena marxe de tempo entre os encontros. Agradecer a todos os equipos a sua asistencia e rogar presentarse con tempo de antelacion no campo pra evitar demoras. Contamos este ano cos campeons das distintas divisions estreandose nestas lides o Maccabi e o Chou. Repiten sensacions o Barbadas e o Maside, que sustituiu o Celanova que non se decidiron a vir.
A continuacion datos basicos pra os equipos no que respecta o transcurrir do torneo:

PARTIDOS:           16.30 AXOU-MACCABI
                               16.55 MAC-CHOU
                               17.20 CHOU-BARBADAS
                               17.45 BARB.-AXOU
                               18.15 MASIDE-MAC
                               18.40 CHOU-MAS
                               19.10 MAC-BARB
                               19.40 AXOU-CHOU
                               20.05 BARB-MAS
                               20.30 MAS-AXOU

PUNTUALIDADE: Todos os equipos rogamos esten coa debida antelacion pra non sufrir retrasos a competicion xa que estan moi axustadiños os tempos. Se podemos empezar contra o macabbi as 16.25 millor que as e media. Os tempos seran dun max. de 25 minutos que segun nosas experiencias anteriores pra pretemporada chegan ben e par meter goles tamen. Os cambios seran coma no futbol sala, non se parara o xogo por esto. Equipos intentar levar os xogadores que militaran tamen na tempada no equipo, aunque tamen se pode botar mao pra probar algun posible fichaxe. Non e necesario levar as fichas, hai confianza.
Os equipos que figuran en primeiro lugar seran os elixidos pra iniciar o encontro dende o circulo central. Os que teñan dous partidos seguidos permaneceran na sua parcela e so teran tempo dun pequeno respiro e pra beber algo e xa continuar. Os anos pasados trouxeramos nos botellas de auga, pero este ano son moitos equipos e decidimos que traigan cadanseu os seus propios nutritivos. Asi que non vos olvidedes da auga. Auga fria tamen hai nas duchas xa que parece que os calentadores estan de folga en agosto en salesianos.
Vestiarios pra cada equipo con chave pra pechar. So no caso do mac. e mas que teran que compartir vestiario. O campeon sera aquel que logre mais puntos, correspondendo 3 a victoria e un o empate.
En caso de puntos iguais seguirase o seguinte orden:  1. Dif. de goles   2. Duelo directo  3. Mais goles marcados 4.  esperemos non ter que chegar a este punto.
O final as copas seran entregadas no propio campo.
Esperando que o calor non sexan abafante, augurar un gran e entretido torneo con pouco tempo pra enmendar fallos e futbol a ritmo de futsal.
Agardamósvos o Sabado.

No hay comentarios: