Pregunta principal do partido de hoxe era: Que tal nos sentarian as festas? Ianos pasar factura o turron? Ou mais ben isto era problematica do Barbadas o equipo contrario? Un ano 2011 sen perder fora de casa, e ultimo partido da primeira volta que nos podia levar a finalizar en postos de ascenso cunha victoria. Moitas dubidas, moitas incognitas, moitos acicates. Que seria o final neno ou nena?
Pois podemos adiantar que mais ben foi un marron. Porque neste partido perdimos ou mais ben rompimos todos os nosos records, por incapacidade nosa mais ben. Si nunca ata agora habiamos perdido un partido adiantandonos no marcador, desta vez foi inutil incluso en duas ocasions. Tamen a imbatibilidade en campo alleo pereceu as primeiras de cambio. Ata nosa reporteira MarCarboneros parecia infectada polo mal vacacional, grabando so un dos cinco goles do partido. En defenitiva pesimo comenzo do 2012, non tanto en xogo coma en resultado. E todo parecia encarrilado cando Abel marcaba os 19 minutos nun pase largo, do unico gol que temos testemuña. Xa antes fallaria unha ocasion clarisima. Pero so cinco minutos despois empatarian os locas.
Co un a un chegariamos o descanso.
O cuarto de hora da segunda volvia adiantar o Axou noso goleador Lolo, pero practicamenta a continuacion, nun polemico corner, Carlos desviaria o balon a propia porta. Empate a dous e pouco nos durara a ventaxa. Seguidamente os balons en corto, cun campo pesado de herba, eran dificiles de sacar. Eles presionando xa avisaran, pero os 30 minutos roubarian un balon pra poñer o 3:2 definitivo. O ultimo cuarto de hora foi unha constante a loita do Axou por conseguir, cando menos, o empate. Pero xa se via de antemao que hoxe non era o noso dia, e ainda pensabamos no champaña. Ocasions claras de Marce, e sendos remates de cabeza de Carlos que xa subira a desesperada.
Final derrota Barbadas 3 Axou 2 esperando que non sexa esta unha tonica da segunda volta. Proxima saida a Vilatuxe.
 |
| Aunque non trouxo os monologos preparados, explica ampliamente o gol marcado polo lolo que mar non puido grabar. |
 |
| descanso con empate, pero con boas sensacions |
 |
| os fans facendo exercicios de quecemento co fresco que facia |
 |
| moita merda eso era o que necesitabamos |
 |
| parada de Victor que encaixou tres goles e non sabe nin como |
 |
| co viruxe ata os animais atoparon a hipotermia, ou seria congestion tras o empache navideño |
1 comentario:
videos mais tarde sobre a unha en fase de subida.
Publicar un comentario