sábado, 26 de mayo de 2012

DANDOLO TODO, CON BARLOVENTO

Dende o pobo da miña muller parecia que estaba ahi, pegadiño, pois o final 40km e 45 minutos de interminables curvas. Outros ainda tardaron mais xa que casi chegan a Portugal. Tal odisea merecia coma minimo un partido igualado ou cando menos disputado. Segunda visita a Pontedeva tras uns 9 anos. Enfrente un equipo que terminara sexto en Division de Honor que xogando na casa dificilmente parecia ser batido. A experiencia de todas formas, do ano anterior onde visitaramos a un equipo semellate e cercano Arnoia, nos decia que en definitiva so son 11 contra 11. Dariamos a campanada e poriamos en perigo a cea do 9?
Se houbo un factor determinante ese foi o vento e a sua direccion. Tal cual un elepe a la antigua se podia dividir o partido en Cara A e B. Na primeira un partido dominado polos locais, millor acoplados as condicions do campo. Os nosos algo mareados da viaxe. Primeira aproximacion unha falta lanzada por Chayan sen excesivo perigo. No 26 corner e no primer pao anticipandose caeria o 1a0.
Eles rapidisimos, con moita forza levavanse practicamente todolos balons disputados e nunha contra gol en fora de xogo. 
O 39 foi o minuto do primer tiro axouxo polos tres paos. Seu autor Hermi de disparo lonxano pero moi frouxo.
Aventuraba un tiro o pau deles cuio rexeite ia parar milagrosamente as maos de Victor, que o un cero era bo resultado. Pero no 42 un golazo pegado ao pao puña o 2a0 e complicaba as cousas, sobre todo polo visto neste primer capitulo.
Descanso Deva2Axou 0
Pero no descanso algun falaba de que todo cambiaria na segunda, sobre todo pola incidencia do vento, que desta volta seria o noso favor. "Tirar a porta, dende o medio". E verdadeiramente a segunda parte o Axou votou o resto.
Os dous probaria Tarrio lixeiramente fora.
Os vinte unha falsa salida do porteiro e na presion de Marce, orixina unha posibilidade boa de marcar, pero o balon se pasea por diante da porta.
So dous minutos mais tarde prolongacion de cabeza de Marce, e Hermi de volea en posicion sospeitosa, empalma pra acurtar distancias. 
O partido era xa completamente dos visitantes que presionaban por todo o campo, colgando balons a area. 
Abel tivo a ocasion nun balon solto ao borde da area pero empalma precipitado fora. Un dos poucos contrataques perigosos locais que resolve o propio Victor.
37 volea lonxana de Abel pero o balon chega frouxo a un ben colocado porteiro. (faltou o vento) Claro exemplo do acoso foron os catro corneres seguidos que teriamos nos ultimos cinco minutos. 
No 42 no segundo dos saques Chayan de volea pega raso e o porteiro saca a corner nunha estirada memorable. E noutro corner se pedia mao nun disparo do propio Chayan. 
Min46 final tras corner.  Deva 2 Axou  1
Morrimos ca cabeza moi alta, nun derroche de enerxia e ilusion. Nadie nos pode decir que tiramos a copa. Agora descanso e proxima semana amistoso e porra da eurocopa asi como puntos do menu da cea do Monterrei.

campo encaixonado, con casas en construccion

loitando ata o final ante un equipo rapido

gol na primeira o vento rotaria

subindo a presionar

final do partido e da tempada. excelente

No hay comentarios: