E verdadeiramente a xente pareceu entender que basandose nunha boa defensa podese manter o encontro en igualdad. O malo que prestando atencion o resultado final, non sei si compensa.
Moitas baixas dos asiduos, faltaron Orlando, Iago, Abel, Tarrio e Javigal que chegou o descanso.
Igualdad total entre ambas escuadras que loitaron moito na media pero crearon poucas situacions de gol.
Na primeira parte arredor da media hora, duas paradas boas de Victor, terminarian cun roubo de balon de Hermi, que a pesar de ser agarrado polo ultimo defensa, chuta de punteira dende o borde da area fora.
Uns dez minutos mais tarde estivo o gol en un motivadisimo German, que non engancha ben a bola dentro da area pequena disparando fora preto do pao.
Polemica co arbitro pola continua interrupcion do partido con pequenas faltas, e sobre todo co siñalamento de diversos foras de xogo, canto mais dubidosos.
Descanso: Axou 0 Arrabaldo 0
Na segunda parte o xogo do Axou foi menos fluido e as aproximacions do Arrabaldo a area, aunque sin excesivo peligro se intensificaron. Moitos foron os corners que lanzaron, pero a maioria infructuosos. So reseñar un cabezazo que rozou o longueiro e dous chuts que rexeitou Victor, non sin certos problemas. A unica ocasion do Axou, magnifica nun roubo de Balon de John cuio lanzamento a porta sae rozando o Longueiro.
Mazazo no 85 a piques do final onde un dereitazo dende a frontal raso, sorprende a Victor. 0:1
Unha vez mais parecia estar a sorte esquiva pra os locais, pero no ultimo suspiro, co pitido final, centro de Carlos e Lolo tivo na cabeza o empate, pero so seria pra moitos unha ilusion optica xa que o marcador non se moveria.
Nova derrota, e a proxima semana a Peroxa co Foucellas.
arco da vella o inicio |
tamaño ideal pra nos pra marcar goles |
home de negro, pesadelo pra o neno |
balons habia onde escoller, de todolos colores |
fran volvia os terreos de futbol |
intercambiaria posicion con John |
todos correndo na mesma direccion |
German moi motivado, impedindo as faltas dos contrarios |
hoxe non foron os focos os que deslumbraban senon lorenzo |
xogada en fora de xogo, unha constante deste partido |
2 comentarios:
Hola boas son Germán, coma sempre nos toca resignarnos, a mala sorte o árbitro inútil que nos tocou en desgracia, e as ocasions falladas, entre elas unha moi clara que tiven eu,(as malas linguas din que o fixen por non pagar unhas copas, nada máis alexado de verdade) vólvenos a condenar, pero como dirían os políticos, comenzan a verse brotes verdes, eu só espero estar máis acertado a próxima, e si empezamos gañando tal e como xogamos onte hay posibilidade de sair do pozo, non esta todo perdido, ánimo que esto non acaba hasta que matemáticamente este decido, e pra iso queda moito
IMPORTANTES OS PROXIMOS DOUS, CONTRA FOUCELLAS E JUAN23, QUE SON DA NOSA LIGA, SI E QUE TEMOS LIGA AINDA.
A TOPE NENOS¡¡¡
Publicar un comentario