Nunha boa tarde para a práctica do fútbol o Axouxeiriños iniciou a segunda volta obtendo un empate ante un rival ao que no partido de ida vencera claramente.
Con seis cambios no banco, o equipo comezou o partido moi ordenado nunha
primeira parte que se caracterizou por un xogo pouco fluído e ata brusco
nalgúns momentos.
Pouco que apuntar máis aló dun disparo seco de Pablo que atopou ao porteiro
ben situado. O contrario tivo dúas oportunidades, unha moi ben despexada por
Tarrío e outra, na última xogada, na que resolveu mal unha contra.
Nosa defensa, sen erros en todo o encontro, mostrou experiencia e
seguridade e non sufriu en exceso en ningún momento.
A segunda parte comezou cun susto ao sacar John un balón da mesma liña. Foi
un espellismo. Nos seguinte 15 minutos o equipo local despregou o seu mellor
xogo froito do cal chegou o gol de Carballo tras centro medido de Yago.
Tocando o balón, xogando ao fútbol, con apoios e sen precipitación
encerrouse ao visitante na súa área e sucedéronse córners e oportunidades. A
dianteira, con moita mobilidade, creou un perigo constante abastecida por un
centro do campo que, ben colocado, non permitiu ao rival ningunha opción de
volver ao partido.
Tras unha serie de cambios, obrigados polo cansazo, o equipo perdeu a maxia
e empezáronse a producir perdas incomprensibles no medio que produciron
sucesivas contras ben resoltas pola defensa.
Ao final, unha falta lateral terminou cun remate franco desde dentro da
área que acabou en penalti e gol.
Empate inmerecido para o visitante que mostrou poucas cousas.
Nós demostramos que temos recursos máis que suficientes e que, cando nos
dedicamos a baixar o balón e combinar, podemos gañar a calquera e divertímonos
máis.
O uñazo, o pase longo sen sentido, a falta de apoios, a perda de balóns
en zonas comprometidas o único que consegue é esixirnos máis fisicamente e
desperdiciar o talento que sen dúbida este equipo ten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario