domingo, 16 de diciembre de 2018

Non fixo falta rezarlle a Virxen…


Campo da “Chaira”. Catro axouxos no vestuario visitante, ¡Os do Barbadas xa están quentando!
¡Veña, hai que cambiarse! Van mirando pola ventana, 5, 6, 7...
¡Xa somos 11! Entre eles, Lolo, xoga os seus primeiros minutos da temporada. A falta dos porteiros habituais, Marce, algo “griposo” ofrécese para a portería. Para darlle algo mais de emoción, equivocase de botas, e mete na bolsa ¡as de futbol sala!, ideais para un campo como o de onte.
Pouco antes do pitido inicial, comenza o diluvio. Poucas veces temos xogado nun campo en tan mal estado, incluso o árbrito nos comenta a posibilidade de suspender o partido, de feito o seu delegado pasou parte do partido achicando auga nunha das porterías.
¡Planazo! Ante este panorama, o Axou, lóxicamente, opta por xogar o partido.
Comenza o xogo, Marce en porta, catro en defensa, cinco no medio, e arriba Pablo, soberbio os noventa minutos, peleando coa defensa rival.
Partido defensivamente perfecto, eles non tiveron nin unha soa ocasión clara en todo o partido, so algún tiro lonxano e algún centro, perfectamente resoltos polo noso porteiro. O equipo, a pesar de estar once xustos non so non se meteu atrás, senón que incluso nalgún momento foi capaz de presionar o rival cando este sacaba o balón xogado desde atrás, axudados eso si polo estado do terreo de xogo.
En ataque, intentabase xogar, aínda que era imposible, e nos saques de esquina e faltas sempre dábamos sensación de perigo.
Nada mais comenzar o partido, primeira ocasión clara, balón morto na frontal da area e disparo raso de Lamas, fora. A continuación, tiro lonxano de Lolo, bota diante do porteiro e superao por encima, reacciona e saca baixo paos. Falta lanzada por Fer, e Abel remata en plan Karate Kid, o que responde o porteiro cunha espectacular palomita. E así, con algunha ocasión máis, remata a primeira parte.
Deixa de chover, e sen apenas descanso, comenza a segunda parte. Nos primeiros minutos, momentos de agobio para o Axou, lóxicos por outra parte, xa que as pernas xa empezaban a pesar. Sen embargo, o Barbadás, non era capaz de crear ocasións claras.
Pouco a pouco o Axou comenza a estirarse, e nunha falta o borde da area, xogada “ensaiada”, Fer amaga e Pablo dispara pegado o poste, Gooooool, quedaban máis de vinte minutos, tocaba sufrir!
Noutro saque de esquina, Muni, dentro da area, tuvo a sentencia, pero o seu tiro saiu demasiado centrado.
A quince do final, o debutante Lolo, a consecuencia do esforzo, subenselle os xemelgos.
¡Bien! A pesar de estar medio coxo, decide continuar e adianta a súa posición.
E cando as forzas xa flaqueaban, ao berro de Jhon de ¡Hai que meter unha maaarcha maiiiis! o Axou da o último arreón e a sentencia. Saque de esquina raso, e Lolo, que non perdeu o olfato goleador, mete a punteira e balón o fondo das redes.
¡Fin do partido!, e tres puntos que saben a gloria, ainda que teño a impresión de que aínda que se perdera, despois do esforzo realizado, a xente saldría igualmente contenta.
Por ultimo, quero destacar o equipo contrario, o Barbadás, lección de deportividade, nin unha patada, nin unha protesta, e todo a pesar de cómo estaba o campo.
Asi da gusto xogar.

No hay comentarios: