domingo, 27 de enero de 2019

UNHA NEGRA SOMBRA IMPIDE A VICTORIA

Igual que no sketch do nadal, esa escena mitica, das millores probablemente, onde noso oscarizado actor Bodegas desperta sobresaltado dun pesadelo berrando "NOOOOOOOO" identicamente, despertaba eu dun sono profundo. Un vistazo arredor asegurabame que estaba na miña cama. A causa que habia motivado interrumpir meu reparador descanso non era outra que a melodia que sonaba nos cascos que levava postos, identica ao tono de chamada e polo tanto habia confundido cunha chamada entrante.  As oito e pouco, comprobo os wasap, Tarrio "estamos no bar Peko, baixa que che dou a bolsa" Mentras me vestia, pasaban pola miña cabeza  a unha velocidade asombrosa toda clase de imaxes, un codillo, alguen berrando Abel constantemente, un partido de futbol cun empate anhelado e despois detestado, e unha voz dende as alturas preguntando polo resultado. En ese momento, mentras saia pola porta non sabia que unha hora mais tarde no Bar PEko  volveria a escoitar esa voz como aparecida do ceo, e nese intre descubriria ao verdadeiro culpable do desenlace final inesperado do partido, un espiritu maligno, un anxo oscuro, a sombra negra. Pero non nos adiantemos na historia, senon recuemos no tempo seis horas para atras, a outro bar onde tranquilamente estaba tomando un viño con meu pai, alleo aos acontecementos que ian suceder despois.......



O dito tras unhas cuantas cañas e outros viños ali estabamos os dous de chachara. As duas e media estabamos citados na casa dos meus pais pra comer onde me esperaba de menu, empanadillas de la mama, arroz con leite de la mama, e codillo que aunque non era da mama estaba crujiente por fora e blandiño por dentro. Comida tranquila, partida de cartas e ao futbol pra ver a segunda parte, todo programado. Faltaba menos de media hora, un ultimo vistazo ao movil por si Mar ia vir, e.....merda ahi estaba. Was do Orly. Segun as ultimas informaciones semellaba que non habia moito persoal pra xogar, e unha vez lidos as suas mensaxes meus piores temores se confirmaron.
Orly "tes que vir, non sei si seremos 11"
Ala foi a comida,
de volta "comida familiar, levo bolsa intentarei chegar o mais rapido posible"

Coa graxa do codillo resbalando polos beizos e o leite pegado no bigote, retorno a casa, confeccion rapida de bolsa de ferrametas, cafe no bar e rumbo a salesianos. Aproximadamente sobre as e cuarto entraba no templo. Rapida visual, que sexan once por favor, asi polo menos descanso no banquiño. So chejei a contar dez, e eles tamen once xustos. Pois nada. Bolsa na entrada do vestiario e a buscar a chave. Orlando unha ver que se percatou da miña presenza saiu disparado coa chave, coincidindo xusto detras da porteria que defendia tarrio, a do centro comercial.
"como vamos Tarri" "A ceros" "Cambiate rapido Abel, que estamos con dez" Non, non me habia equivocado ao contar. Cambio rapidisimo de vestimenta e saida al ruedo. "Pide  cambio" "Ti no medio contemporizando, non corras moito"
Non tranquilo, orlando, que co bandullo cheo a reventar como estaba, no menos que pensaba era en correr e o mais probable e que me dera un patatus.
Salto ao campo con duas premisas: estorbar o minimo aos meus e o maximo aos contrarios. Despois da miña actuacion pesima en Cea, con eso dabame por satisfeito. Pero desta volta o campo estaba lento e os contrarios non presionaban tanto, causas que favoreceron que me encontrara comodo no campo, a pesar da paperota.
Empezamos a cronica dicindo que a defensa estivo implecable, con algunha saida a  contra, donde o unico estilete arriba, Pablo,  batallaba en solitario coa defensa lalinense. En su mundo.
Eu por ahi pululando polo circulo central, asustando un pouco aqui un pouco ala para que non centraran facil. Eles moito mover o balon pero con chegadas nulas. Dende o banquiño " abel cubre a este" "non subas Abel" "Baja Abel"
Eu nin caso, debe ser todo para o meu tocallo. Ay que ben fixeches en fichar polo AXou.
A mais clara para nos.
Balon largo de David, supera a defensa e ante a saida do porteiro ao borde da area anticipase noso dianteiro. O balon bota na area chica, pero demasiado impulso. Pega no longueiro e a defensa desbarata a ocasion.
Descanso a ceros (xa sei, no was puxen un cero, eso demostra que non estaba coas ideas moi claras)
"o empate e bo asi como estamos hoxe" expresaba Orlando como desexo, que despois se volveria na sua contra. Pero para aqueles que pensen que o espiritu maligno e noso coordinador.....desengañadevos non foi el.
A piques de iniciar a segunda parte comentolle a Pablo "ti dame balon atras e corre, logo so fai falta que sucedan dous milagros, que logres un bo desmarque e eu che de un pase perfecto." Recordabame un partido de antano, contra o Bucefalo, naquel caso, tamen cun equipo circunstancial tiñamos un solitario gladiador na punta de ataque. So cambia o nome. Balones a Pepon. Hoxe a Pablo. E dira resultado, marcara tres goles.
Empeza a segunda quenda. Mismo panorama. Perdonademe minutos, xogadas, xogadores vou intentar ser o mais acertado posible.
MInuto quince Pablo provoca falta ao borde da area. Non dubida colle balon, supera barreira ao pao largo e sorpresa o un a cero.
"Hai que seguir igual que falta moito"
Minuto70 internada de Marce pase a Pablo e o segundo. Bueno Bueno Bueno.
"importante no encaixar pronto" Polo medio balon a espalda da defensa toca o xusto o dianteiro, pero Tarrio rapido de reflexos salva a situacion.
Por fin sale algo a xogada pase largo a pablo encara ao porteiro pero desta volta o cancerbeiro gaña o duelo.
Minuto oitenta
Falta na divisoria,"queres tirar ti Alberto" "Non non tira ti" Bueno pois imos alo. Ala ao fondo so vexo ao Pablo rodeado de defensas. Tras chutar a sensacion e , esto vai ao carallo, paseime. Pero non , cuan xogador de rugby elevase Pablo sobre os demais e dun soberbio xiro de cabeza pon o balon inalcanzable para o porteiro. Faltan dez minutos e tres cero. Agora si estaba feito, nada nin nadie podia remediar o gran triunfo local..........ou si?
Faltarian cinco minutos cando todo ia cambiar. Falta en contra borde de area. Chupinazo por riba da barreira. Marce comenta "Cambioume o peinado" Imparable. 3-1. "Canto falta Ares". "Tres minutos."
Do segundo deles nin macordo. Tranquilos.  3:2 "E agora" "1 minuto" Hai que aguantar, aunque a traxedia xa se mascaba. Nova falta.  A escuadra. Empate a tres. Milagro. Para eles. Maldicion para nos. Ataque noso. Ainda  se pode gañar. Corner saco eu "Todos para arriba" Ao primer pao casi, pero final.
Cuan pesadilla se tratara, en cinco minutos tiramos a victoria pola borda. Incredulo tirome na herba e é nese momento cando oigo unha voz coñecida dende as alturas "Como quedastes?"  "Empate a tres" Nese momento non o sabia, pero acababa de escoitar a sombra negra, ao mago malefico, ao bruxo demoniaco, en definitiva ao gafe, culpable clarisimamente da debacle final.


Pero deso enterariame varias horas despois, no bar peko.
Antes ducha, deixo bolsa xunto coche de Tarri e vou andando para o Bar mais proximo. Cambio de idea, axfisiado, cansado decido ir pa casa, meterme na cama cos cascos de durmir.
E agora xa estamos as oito e pouco entrando no bar peko, tarri deixame a bolsa, lamas e Jaime ainda quedan pra comentar un pouco o sucedido.
Cando o reloxo da parede marca exactamente as nove entra pola porta esa voz das alturas. O susodicho comenta " Desde que cheguei eu ao partido solo vin xogar a eles, asi que cando te vin correndo pra sacar o corner final, berrandolle aos compañeiros que subiran a rematar, dixen o Abel debeu tolear" Ollo ahi desconfiei e fixenlle a pregunta clave "Pero ti cando chegaches ao partido". Pois ao final cando marcaban un gol de falta, e logo dous mais" Nooooooooooooo.
O gran gafe. O inimigo numero un do Axou. Agora estaba claro. Primer partido que vai e nos enchufan 3 goles en cinco minutos. Vade retro Satanas.
Ahi tiña o culpable diante miña. Nenos, cando actuan forzas sobrenaturais non hai nada que facer. Nin foi orlando coa prediccion, nin os contrarios coa sua presion, nin o arbitro, nin o noso equipo cumplindo obedientemente os desexos do mister. Foi ese paxaro de mal aguero.
Como anecdota final comentar, que ainda por riba lle gustou, e expresou a sua firme decision de ver o proximo partido. No joooodas.
Polo momento dixenlle que xogabamos no Barco, espero que capte a indirecta.

postdata: fiel aos cosellos dos maiores que din, que se di o pecado pero non o pecador, non vou a decir de que ser perigoso se trata.

Solo que traballa conmijo, o que me enseñou a editar as pelis dos sketches e se chama mijel, e por si acaso aqui vai a foto.

Non o deixedes entrar no campo, un saudo.





No hay comentarios: