A partir de Xullo xa somos unha asociacion mais en Ourense xa que Javigal conta xa con todos os elementos pra levar a cabo a inscripcion a partir do 1 de Xullo. A denominacion definitiva seria Axouxeiriños ACDC. Finalmente e como xa expuxen anteriormente quedaria como presidente Abel e Tesoreiro Tarrio xa que este cargo era obligatorio e o de Vice non. A redaccion final dos estatutos asi coma a Acta de constitucion podedes consultala no lateral do blog no apartado Asociacion, claro. En honor o nome cambiarei a semana de Manos de Topo musical polo Thunderstruck de ACDC.
Eliminacion do chat debido a que nos ultimos tempos visitabanos demasiados foraneos, e non tivo tampouco unha gran utilidade aparte de retrasar a carga da paxina. Tedes a opcion de comentarios que tamen e practica e podedes explauarvos mais.
As estadisticas de Xuño baixaron algo, aunque non e tampouco de extrañar debido o final da liga. De todas formas mantiveron o tipo situandose en valores de febreiro. Espero que pra tempada que ven se anime a xente a participar mais, sobre todo poñendo as suas opinions.
| Month | Page Loads | Unique Visits | First Time Visits | Returning Visits |
|---|---|---|---|---|
| Jun 2011 | 1,415 | 755 | 488 | 267 |
| May 2011 | 2,013 | 1,012 | 636 | 376 |
| Apr 2011 | 1,959 | 1,022 | 631 | 391 |
| Mar 2011 | 1,636 | 925 | 501 | 424 |
| Feb 2011 | 1,418 | 860 | 480 | 380 |
| Jan 2011 | 1,326 | 796 | 440 | 356 |
Neste tempo de impas son moitos os fichaxes que andan soando por ahi, e que chegan os meus oidos. Como ben sabedes pra tal menester aprobaronse os estatutos da Asociacion que tendra competencias a Xunta de Contratacion formada por os membros da Junta Directiva, mais o coordinador deportivo e os capitans. Coma primer requisito seria bo que os solicitantes, posibles fichaxes apareceran a xogar nun dos encontros amistosos e torneo do Axou pra aclimatarse e presentarse en asociedad. Entre tales aspirantes aparecen nomes diversos. Forza recobra o nome de Orlando coma corredor incombustible, de subir e baixar constante. Na punta de goleadores temos a Añel do Boveda e incluso falaban do retorno de Pepon os campos de futbol. Pra porteria aunque non sei si esta convencido outro clasico, desta vez do futsal, Pasteleiro que retorna pra Ourense podia ser unha opcion en combinacion con Victor. Peso especifico na decision tendra que ter o coordinador xa que sera el quen faga os cambios, e xa este ano se queixaba de ser demasiado ampla a plantilla. Tampouco non podemos descartar totalmente un posible cambio de coordinador ou un tandem xa que Suso podia retornar os banquillos.
A solucion final pra agosto.
Os presupostos prao ano estan raspadiños e e posible que teñamos que pagar un mes mais. Consultados os nosos colaboradores contamos con unha voluntad de axuda por parte do Andu que aparte de patrocinar os trofeos esta disposto a votar unha mao concedendonos unha pequena subvencion que nos podria sacar de apuros, aparte de manter o desconto de 15% en material deportivo nas tendas Xixo so pra os integrantes do Axou. Pra cumplir un pouco con este apoyo rogar os integrantes do Axou que acudan a tomar algo antes ou despois dos partidos no Anduriña, e que non estemos ali sempre os mesmos pelagatos, xa que a subvencion e pra todos. Coma este ano as saidas ou punto de concentracion faranse ali e seguro que algunha cea ou pinchos. Igual se manten o desconto no fisiopostural de 15 euros a sesion pra os lesionados.
Por ultimo, e pra finalizar, desexar a todos un bo vrao, que descansedes e disfrutade, correndo un pouquiño pra manter a forma e vemonos pras festas de Macendo cos animos renovados. No blog intentarei manter cada semana unha entrada de humor e poñer as ultimas novas que me cheguen os oidos.
P.D.: Pra aqueles interesados en saber que foi do meu ultimo examen da miña carreira de Diplomatura de Turismo que tiña o martes despois da cea no Colmear comentar. Que nin a cea co seu discurso preparado que me sacou moito tempo, nin o temario aburrido e pouco preparado (un noxo soso e pesado) nin unhas preguntas que non tiña moita idea, nin un orzuelo no ollo que me molestou sobremaneira e me deixaba ver o examen so en mono en vez de stereo, nin unha cita co dentista de empaste que tiña a mesma maña as 11 e con Facenda so media hora mais tarde impediron que aprobara o examen con 6.5 dando asi a carreira por terminada, e metendo a Diplomatura a la saca.
E que ..............somos do Axouxeiriños.
Un saudo.
2 comentarios:
Enrohaboa Abel
que pases unos boas vacaciones, telas merecidas
moi ben , señor licenciado
agora a de periodismo deportivo
que non o fas nada mal
sorte
e xa nos veremos na praia
Publicar un comentario