Existosa e concurrida participación no primeiro encontro da pretemporada. Lembrar que tan só faltaron Abel, Javi e John (baixa provisional durante alomenos o ano próximo), si ben no seu lugar contamos coa presenza de Lucas (Ferreira de Pantón), Martín (Novo Ribeiro) e máis Orlando.
Este partido servíu para confirmar a incorporación de Orlando para cubrir as baixas respecto da plantilla do ano pasado, logo do visto e prace da Xunta de Contratación (con este nome tan oficialista parece que máis que incorporar un novo xogador acabamos de licitar un tramo do AVE).
Tal e como indica o título da entrada, esto non pode parar, e é por iso que para o vindeiro sábado día 13 ás 18:30 horas está prevista a celebración do segundo partido desta pretemporada. Esto será no campo de MACENDO, e o rival será o NOVO RIBEIRO, equipo ascendido á 2ª división.
Prégase a todos os que estén dispostos a acudir a este partido que confirmen a súa asistencia engadindo un comentario, máis que nada para saber cantos estaremos presentes e en caso de necesidade buscar a alguén que nos faga un pé.
1 comentario:
eu vou maña aunque non chova, sobre as 5 no anduriña pra subir.
Publicar un comentario