miércoles, 6 de junio de 2012

3ª ENTREGA PUNTOS CEA "META COPA DEPORTIVIDADE"

En principio o punto 6 era relativo a IV Supercopa Trofeo Axouxeiriños e o seu formato. Varias foron as propostas, que xa coincidian cas de outros anos.
Xogar semis e final a mais facilona e simple.
Logo a posibilidade de xogar en dous campos simultaneamente. Pra eso tiñamos que abandoar o Templo e empolvarnos no tecnoloxico, pero se acortarian os tempos de espera.
Nova foi a proposta de alargalo torneo en dous fin de semana. Unha previa con outra ronda final.
Como na miña opinion o sistema do ano pasado xa estaba probado con exito, existia unha falta de acordo concreto e a inminente cea de veteranos pra entregar as invitacions o final adoptouso o mesmo sistema ca o ano anterior.
En todo caso xa que empezamos cedo de primeiros seria millor facer unha convocatoria pra primeira hora con tal de que sexamos xustos 12 pra sair adiante e non facer o torneo excesivamente largo.
Se ese mesmo dia, que e o 25 de agosto, hai xa cea o non dirimirase o dia do Lucas.
Por ultimo o punto de discusion e polemica mais debatido con diferencia.
O punto 9 designado "Meta Copa Deportividad"

PUNTO 9 "META COPA DEPORTIVIDAD"

Ningun punto suscitou tanta controversia e discrepencia coma este, que foi longamente debatido. Motivo foi a miña proposta de sancionar todalas amarelas con 5 euros, tanto por falta como protesta, e 10euros a vermella, tendo como motivacion, a reduccion de tarxetas amarelas co fin de acadar pra o ano a copa da deportividade. Polemica e longo debate, no cal non chegamos a ningunha conclusion, con dous a favor, dous con reservas e dous en contra. Varias foron as dubidas expostas na viabilidade desta proposta. Hai uns dias vindo do examen de Pontevedra con Mar tocamos este tema e curiosamente, ela expresaba as mesmas interrogantes das comentadas na cea, que eu intentei argumentar e que deseguido exporei:
1. Ti crees que a xente modificará seu comportamento?
Penso que hai unha boa posibilidade. Como exemplo precursor as tarxetas amarelas por protestar. Este ano ca introduccion desta sancion a incidencia das cartulinas marelas foi minima. Este e un feito irrefutable. Eso si, non sabemos si se debe a multa ou simplemente foi casualidade. Facto e que se reduciron. Tamen e certo que aumentaron as debidas as faltas normales. Na miña opinion de semipsicologo, penso que e debido a que a xente en vez de falar solta a tension dando patadas. Cambio de chip. Damos "una vuelta de tuerca" e equilibramos o asunto.
2. Non seria millor apelar a boa vontade da xente?
Eso seria o ideal, pero moito me temo que utopico visto as ultimas tempadas. En todo caso, aplicando esta normativa seria unha forma de motivacion, un especial enfasis.
3. Asi que so podran facer falta aqueles que teñan diñeiro?
As infraccions amarelas non son unha necesidade, senon unha opcion de forma de comportamento. Non estamos excluindo a nadie, como seria elevar as cuotas do Axou que afectaria directamente os petos. Ti decides.
4. Esto o que vai provocar e que a xente non meta o pe e presione menos?
Non ten por que ir reñido unha cousa ca outra. Estamos equivocados. E perfectamente compatible presionar e xogar forte con gañar o Trofeo, xa que a maioria das faltas amarelas son dolosas e feitas a destempo. Analicemos o caso Chayan, rey do encimar, cantas amarelas ten? E non se pode decir precisamente que non xoga forte.Presionando a semana pasada na segunda parte o Pontedeva, que non saian da sua area, cantas faltas cometimos? Polo tanto limpeza e dureza/presion poden ir tranquilamente acompañadas da mao.
5. Bueno o que me estas contando e que se vai o tio meter gol ti deixalo pasar?
Recapacitando trala cea, atendendo a esencia do ser humano, atribuindo casos extremos a un inevitable acto reflexo, voume decantar que existan algunha excepcion. Dous casos que se diron no ultimo partido de liga son claro exemplo.
Un agarron de Carlos cando se marchaba o dianteiro so cara a porteria, e a mao que puido meter o Casi no autogol pra evitar o gol. So serian excepcions situacions que na liga normal serian motivo de expulsion, sempre que non se deban a unha falta abusiva.
6.Vamos a ver, Abel, ti que prefieres baixar/subir ou a Copa Deportividad?
Naturalmente, obxectivo primordial seria non descender, xa que o ascenso me parece complicado. Pero se pode conseguir ambas metas sin ser excluintes. O Celanova cando ascendeu hai uns anos quedara campeon da deportividade. O Vilatuxe quedou este ano cuarto e mais subiu. Amigos salvouse e o Barbadas que gañou o titulo venceunos nos dous encontros. Logo e posible ou non?
7. Por ultimo, pra que carallo queres ti a Copa "Mariquita"?
Si empezamos por ahi, logo, todo o anterior sobra, eso e certo. De que estamos falando. Si pensamos que este trofeo vai dañar  a nosa imaxen presentandonos coma un equipo light, blandengue, escasamente viril, enton si sobra.
Pero reflexionemos un momento........
Leitmotiv de calquer equipo deberian ser divertirse e non mancarse.
Si a diversion pasa por dar patadas provocando amarelas, a segunda parte relativo a saude esta francamente complicada, sobre todo si todolos equipos pensan asi. Aos demais non os podemos cambiar, pero si poñer da nosa parte pra que o disfrutar de tocar a bola e encimar non exceda do meramente deportivo. Chegar a cea da Asociacion, como foron Tarrio e Javi este ano, e sair cunha cacho Copa baixo o brazo e non so co detalliño, xa e outra cousa. Anima e da alegria e festa. Claro que seria millor levantar o galardon o Campeon ou da Copa, pero sexamos realistas, poucas posibilidades se nos brindan.
Ademais luce ben no Anduriña, e evitamos sacarlle nos o po.

RESUMEN PROPOSTAS A VOTAR NA CEA:
- MANTERSE IGUAL QUE ATA AGORA
- NOVA SANCIONAR TODALAS AMARELAS AGAS AS EXPOSTAS ANTERIORMENTE, SALVADORAS DE GOLES, (EXPULSION EN PRIMEIRA)
-TEORIA VETERANA PROTESTAS 5EUROS E FALTAS 3EUROS

Miña idea e si o final da tempada se consigue ou a Copa de campeon ou Subcampeon se devolveria todo o diñeiro recaudado por multa amarelas aos sancionados. 
 

No hay comentarios: