lunes, 18 de marzo de 2019

ERA VISTO......


Tarde casi veraniega en “o  Xeixo”. Once xogadores (suficientes), entre eles Lolo, terceiro partido da temporada (1 victoria, 2 empates) e Rubén, que reaparecía despois de moito tempo, (bueno él e a súa botella de osíxeno), moi ben durante todo o a partido, empezou en ataque, pero ante o seu ímpetu nos primeiros minutos optouse por retrasar a súa posición, para que aguantase os noventa minutos, e vaia si aguantou. Abelix, que non iba vir, xogou todo o partido, e ainda tivo forzas de acompañar a Carba nun contraataque que pudo  sentenciar o partido. A falta dos porteiros habituais, Marce ofreceuse a quedar en porta (ainda non coñece a derrota). Sobresainte, nada que facer nos goles, e si no partido contra o Barbadas sorprendeunos coas zapatillas de fútbol sala nun campo impracticable, onte fixo  coa súa vestimenta, a falta do traxe oficial de porteiro.
En fin, Axou en estado puro…
Todo listo para empezar. ¿Todo? Non, faltaba alguén, ¡o árbitro!, inaudito, o nunca visto. Nin está nin se lle espera. Non contesta o tf. Chamada a Asociación, si firmamos os dous equipos podemos arbitrar un de nós, senón a opción e botar unha pachanga e xogar o próximo martes. División de opinións, pero ante a posibilidade de que o 19 aínda estivesemos menos, óptase por xogar, incluso alguén do equipo suxire que arbitre un de nós e xogar con dez, con dos cojones….
Errooor..
O final arbitra un deles, e dadas as circunstancias fixo bastante ben, pero nun partido así, máis que nunca, e indispensable a colaboración dos xogadores, e así foi ata a xogada fatídica… O tempo levanno desde o banquillo local.
Comenza o partido.
O Axou na súa salsa, un 4/4/2 clásico con dúas sinxelas premisas, defender cando eles teñan o balón, e intentar tocar e divertirse cando o tiveramos  nós. E vaia si se consegiu, polo menos ata que aguantaron as forzas, ante un equipo crecido que viña de meterlle 7 goles o Soutopenedo. Posiblemente das melllores primeiras parte da temporada.
Na primeira xogada do partido, internada pola banda do Agustín, centro que se envenena, e entra por tódala escadra, imparable, 1/0. Empezamos ben.
Pero o Axou, lonxe de baixalos brazos, e como dicen agora os tertulianos, “empeza a crecer coa pelota”.
Toca, toca, toca… Eles apenas crean perigo e nos empezamos a ter ocasións. Nunha destas, nunha xogada que empeza na defensa, o balón vai pasando de axou en axou ata chegar a Pablo, que dende a liña de fondo da o pase da morte e remacha Carballo a gol. Tablas no marcador.
Segue o mesmo guión, e a piques de rematar o primeiro tempo, man a man de Carba/Pablo contra o porteiro visitante, este último pica con calidade o balón, pega no longueiro, recolle o seu propio rechace  e desta si remacha, 1/2 e fin da primeira parte.
Seguimos sen auga (Tarri, por qué te fuiste…)
Comenza a segunda parte e o Agustín empeza a dominar o partido, motivado en gran medida polo cansancio do Axou. Cambia o guión e o Axou opta polo contraataque, e nun destes, Carba colle o balón no medio campo e vaise de cantos xogadores lle saen ó paso e cando se plantaba diante do porteiro e derrubado. Penalti, tira Pablo e gol. 1/3.
O gol deulle alas o Axou, que por un momento recupera a frescura e volve a tocala pelota. E nestas, pudo chegar a sentencia, noutra internada de Carba, pase atrás e Abelix, que acompañaba a xogada, remata dentro da área e para o porteiro visitante.
E chega o minuto 30, (según o banquillo). Córner a favor do equipo local, balón  a área, un atacante colgase literalmente de Alberto, quédalle a pelota nos pes, remata e gol, e o árbitro sinala o centro do campo. Se lía parda, gol/falta, gol/falta,  e o final, despois dun bo rato de discusións o gol sube o marcador, (cando se puxo de novo o balón en movemento era o ¡minuto 33!, pouco me parece). Con un Axou algo desquiciado continua o partido e pouco despois o Agustín marca o empate. Faltaban cinco minutos (o do tempo era un misterio). De novo volven as discusión e finalmente decídese dar por finalizado o partido. Eu, personalmente acabaría o partido, pero, sinceramente, tal como se estaba quentando o ambiente, e para evitar males maiores, creo que foi o mellor que puidemos facer.
Final, gran partido, firmamos e reparto de puntos, entendo que resultado válido, esperaremos noticias.
Por último, e esto si me parece o máis grave, quería denunciar o tema do BAR. Non pode ser que xente como Abelix, que fixo un esforzo sobrehumano por vir o partido, chegue e se encontré o bar pechado. Intolerable, esto sí debería ser causa de suspensión…


PUBLICADO: POR ANONIMO

No hay comentarios: